É cando menos esperamos, o momento no que cambia por
completo a nosa vida, invertindo a orde das rutinas, a orde das costumes e a
orde na que o noso vicio interactua nun sistema no que xa non goberna a razón
nin a nosa ética, é neste intre no que o alcohol fai censura e goberna a nosa
saúde, a nosa familia e os nosos deberes, limitándolle pouco a poco a súa
evolución ata converternos en exclavos da botella… É xusto neste intre, cando pasamos
a ser indignos de rogar xustiza, cal é a
razón de pedila e que goberno actuará con misericordia frente a aquel que se
condena así mesmo?
Pois ben, obedecendo a lección que deume a vida sobre a
condición do alcohólico, considérome o suficientemente capacitada para afirmar
con seguridade que o vicio da bebida, cos anos chega a converterse nun cancro.
O alcohol poderase definir coma aquel “individuo” que traspasa a nosa vida no
momento no que aceptamos depender del, aos ollos do enfermo, este presenta
discreción nos seus actos, utilizando coma ingrediente indispensable na súa
receta, a psicoloxía, pois será primordial nos principios de interacción que este
exercerá sobre o suxeito dependente. Proba disto, son os estudos universais
publicados en diversos artículos, xa que son os expertos que através deles
teñen a posibilidade de comunicar o público a visión que ten o enfermo acerca
do seu vicio, esta visión tradúcirase a necesidade de beber como medio de
satisfacción. O núcleo da historia abarcará algo máis que os efectos sobre o
suxeito dependente xa que a familia tamén atópase involucrada, e aproveitando a
ocasión nomearemos tamén o seu lugar de traballo, os personaxes que habitan no
seu entorno e chegando incluso ata os descoñecidos máis cercanos.
En conclusión, a
bebida simplemente “suprime” temporalmente os problemas, máis ben disfrázaos
de inexsistencia; o acohol é “aquel individuo” que peta na nosa porta vacilando
cun falso soriso, un soriso prometedor de facernos “reis”; pero a pesar de todo
isto, a conciencia da víctima defínea coma aquela fonte de escape, de evasión,
cando en realidade é aquela que non ten escrúpulos, e en caso de telos, será
para destruir toda unha vida, toda unha familia e todo un pasado que non atopou
consuelo. A depencia é a desgracia personificada que acostumada a aniquilar
proxectos e sorisos, é féliz vendo o que as súas vítimas xa non poden ver, ela debería
ser a fuxitiva máis buscada pero por desgracia convertiuse xa na máis atopada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario