domingo, 20 de julio de 2014

versos IV A MORRIÑA

- Avó, quédate conmigo; non dou conciliado o sono.
+ Dacordo Martín, e que queres que che conte hoxe meu rei?
- Pois non sei... Creo que xa son maior dabondo como para escoitar fantasía, quero escoitar a realidade, porqué non me falas da túa Galicia? Descoñezo os meus orixes, as miñas raíces, quero saber máis de min.
+ Está ben meniño, pecha os ollos e escoita, presta atención para comprender:

Fai xa moitos anos, no 1912, cando se asomaron por primeira vez nos meus pequenos ollos os raios de luz que quentaban as costas galegas, nacera eu entre montanas, ríos e manantiais, o cálido aire da primavera rozaba miñas meixelas, excitaba toxos e carballeiros, gaibotas que amansaban rompentes nas costas; tiña o poder de abrazarme, de facerme sentir amado, querido, na miña casa, no meu fogar.

As golondrinas adornaban meus recordos e as tormentas encadraban meus anhelos. Existía unha ponte fermosísima, moi antiga, nacía cando as nubes choraban e mostrábase cando o sol deslumbraba... no meu pobo era o arco da bella.. A máis fermosa de tódalas pontes!

Cando contaba eu cos 17 anos, o destino obrigárame a emigrar ata a Antiga Arxentina, recibíranme entre olas e sorisos pero non tardaría en decatarme de que pouco a pouco desvañecería a ledicia que revivía miña mirada. Durante anos, meus ollos foran o hábito da paixón por Galicia, sangue do meu sangue, miña terriña namorada. A propia morte que vivín foi presenciada por terras descoñecidas, o sol acostándose e Galicia extrañandome. Meus segredos descansaron no fondo do mar, coa esperanza de que algún día volvería pisar Galicia.

Viudo quedei, foi tarde cando descubrín que namorara da miña terra, ela fora miña compañeira.

- Avó! E os teus fillos! Onde quedaron?, E que non tiveches?
+ Acouga Martín, escoita con calma o fin da miña historia;

Por suposto que fun pai, fun pai dos toxos, das carballeiras e dos castiñeiros, dinlle vida as costas, as golondrinas e as xilbardas, brinquei tan alto que alcanzei cumes e curuxas, noites escuras e estreladas, ata que unha madrugada o ceo non me regalara estrelas, a rafaga de vento que me despertara o nacer volvería para pecharme os olliños e morrer, meu final foi un tristemente desvañecín coa lei da natureza que separa os galegos da súa nai, A MORRIÑA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario