Pisando cos nosos pes no plano temporal do S.XXI e coa fama de sermos os líderes nos campos que gobernan a hipocresía na que vivimos, noutras palabras, neste lugar chamado mundo, os humanos afirmamos ser o licenciados en temas que abordan a cultura, a ciencia, a política, a economía, a xustiza e tamén o social, termo que non queda precisamente claro; proba disto, son os nenos-obreiro a cambio de golpes, nenas prostitutas a cambio de maltrato e nenos soldado a cambio da súa propia vida, por tanto, e en contra das miñas raíces, atrévome a propoñer diversas cuestións, ¿serán estes datos os que revelen a proba de sermos a especia máis intelixente? ¿Ou os que revelen que somos a máis dominante? Probablemente si... Pero ¿e a máis humana?
Pois ben, ante todo e a pesar de ser contraditorio, é real e constante. Son moitos os "empresarios" que regan seus cultivos con bágoas de pena, outros os que sorrín alimentando pederastas con corpos infantís, e infinitos os inhumanos que trocean inocentes coma se de agricultura fose o conto.
Son nenos desprotexidos, nenos gobernados pola censura, pola fame e polo desequilibrio que sofre o indomable desexo da riqueza; en definitiva, son as presas de multinacionais que viven o presente, sen querer decatarse de que eles son o noso futuro.
En fin a miña postura non comulga con aquela que defende o criterio de máis-mellor e indiferente nos medios, moi o contrario sitúase no status que divula a palabra de máis-mellor e diferenciando medios, e con isto fago referencia a necesidade de ordenar a vida destes rapaces. En primeiro lugar, o dereito a unha infancia digna, que englobará a educación, os medios e a liberdade; en segundo lugar o dereito a elección e, por último, e máis importante, o dereito innato a ser nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario